O vindeiro 15 de Marzo celébrase en Cuntis (Pontevedra) a Festa Gastronómica do Lacón con Grelos . Aproveitando a festa, os amigos do ScutreClú en colaboración coa Concellería de Cultura e o Concello de Cuntis estamos organizando o I VESPALACÓN , concentración de Vespas e Lambrettas . Xa sabedes, se tendes unha Vespa ou Lambretta do ano que sexa (haberá motos dos anos 50 e do século XXI ) estades convidados a asistir á concentración. A INSCRIPCIÓN É LIBRE e GRATUÍTA , únicamente haberá que pagar a comida (lacón con grelos, filloas e viño) o que queira quedar a comer . O prezo do menú son 9€. Haberá unha pequena ruta pola zona con escolta e coche escoba, agasallos para os clubes asistentes e sorteos de vales para o Balneario de Cuntis . Se queredes sacar o scooter a relucir no mes de marzo, en Cuntis recibiremos a todo quisque cos brazos abertos e un anaco de lacón . Polo de agora xa somos máis de 150 scooteristas de toda Galicia (Ourense, Vigo, Pontevedra, Ca...