VespaLacón: Vespas, Lambrettas, ArtiluxiosDe2Rodas, VespaGuateque... o que sexa.
Coma sempre: gratis e con actividades para toda a familia!
IMPORTANTE!! RESERVA A COMIDA PARA COMER TODOS XUNTOS!! TLF: 986 53 36 00 (sen reserva non hai paparota)
15 de Marzo. Vespalacón (con grelos)
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
O vindeiro 15 de Marzo celébrase en Cuntis (Pontevedra) a Festa Gastronómica do Lacón con Grelos. Aproveitando a festa, os amigos do ScutreClú en colaboración coa Concellería de Cultura e o Concello de Cuntis estamos organizando o I VESPALACÓN, concentración de Vespas e Lambrettas .
Xa sabedes, se tendes unha Vespa ou Lambretta do ano que sexa (haberá motos dos anos 50 e do século XXI) estades convidados a asistir á concentración.
A INSCRIPCIÓN É LIBRE e GRATUÍTA, únicamente haberá que pagar a comida (lacón con grelos, filloas e viño) o que queira quedar a comer. O prezo do menú son 9€.
Haberá unha pequena ruta pola zona con escolta e coche escoba, agasallos para os clubes asistentes e sorteos de vales para o Balneario de Cuntis.
Se queredes sacar o scooter a relucir no mes de marzo, en Cuntis recibiremos a todo quisque cos brazos abertos e un anaco de lacón. Polo de agora xa somos máis de 150 scooteristas de toda Galicia (Ourense, Vigo, Pontevedra, Cambados, Santiago, Culleredo, Cuntis, Cotobade, Caldas de Reis, Vilagarcía...) inscritos.
Cómo chegar a Cuntis.
Desde Padrón: Á saída de Padrón, colles pola N.550dirección Caldas de Reis. 9 km máis adiante, atoparás un cruce á esquerda que te levará a Cuntis pola PO-220. Todo recto, non ten pérdida.
Desde Santiago: Saes da cidade dirección A Estrada, pola Rua Restollal (a do Hipercor).Tanto se vas pola PO 841, como pola AP 53, tira sempre dirección A Estrada. Ó pasar Pontevea, atoparás un desvío que te leva a Cuntis por Souto de Vea. Non ten pérdida.
Desde A Estrada: O mesmo; sigue a N-660. Esta é divertida. Bo asfalto, moitas curvas. Todo recto.
Desde Vilagarcía: Más doado todavía. N-660, dirección Caldas de Reis. Ó chegar a Caldas, debes seguir sempre a N-660 ata chegar a Cuntis.
Desde Pontevedra:N-550 dirección Caldas de Reis. Nada máis entrar en Caldas, atoparás un desvio á derecha que te llevará a Cuntis pola N-660. Tes que pasar por diante de Muebles Mendoza.
Comentarios
Publicar un comentario