Adeus, Vespalacón 2010... Viva o Vespalacón 2011!!

Cando eu era un crío de 10 anos, mirabamos o ano 2000 como se fose o climax da tecnoloxía automobilística. Era habitual falar de coches que replicaban en alto con voz de muller, aquelo de que tiñas a porta mal pechada e incluso se escoitaban rumores, de que Kit era un prototipo de verdade... que tempos aqueles (menos mal que non había internet) Na miña pandilla, había un auténtico experto gafotas nesto da tecnoloxía: Jesús o de Caamaño, que soñaba con pilotar un F16 Gerald: (un saúdo, compañeiro!) - xa verás, no ano 2000 os coches voarán por riba dos tellados - tamén por riba do tellado do concello? - homeee... incluso por riba do campanario! - ... ala!... ... ... Jesús, e as motos? - mmmm... as motos serán como os monopatíns de Regreso al Futuro! - Buah! eso si que molaría... Hoxe, 23 de febreiro do ano 2010, alégrome moitísimo de que as motos sigan sendo como eran daquela: trastos de ferro e chapa con dúas rodas e restos...