viernes, 16 de enero de 2015

21 e 22 de Febreiro! VESPALACÓN 2015!!!

Amijiños, xa falta menos para o Vespalacón 2015!! 

Os que viñestes máis veces xa sabedes como vai isto, pero seguramente algún novato teña preguntas coma estas: 


Que carallo é o Vespalacón? O Vespalacón é unha concentración de Vespas e Lambrettas organizada polo Exmo. Concello de Cuntis (xente seria e de corbata) e coordinada polo Scutre Clú (aproximadamente 15 persoas que nin son serias, nin nunca levan corbata... a non ser Adolfo)

Cando se celebra? Sempre se celebra O DOMINGO SEGUINTE A DOMINGO DE ANTROIDO e coincidindo coa Festa do lacón con grelos. Este ano será o 21 e 22 de Febreiro.

Quén pode asistir? Calquera que teña unha Vespa ou Lambretta (con papeles e seguro, pillabáns).

Non teño Vespa nin Lambretta... podo ir botar unha ollada na susuki? Pois claaaaro, animaliño! Farás a inscripción -GRATUITA- coma o resto de participantes e durante a ruta terás que ir detrás das scutres, máis que nada por seguridade, xa que moitas destas veteranas nin corren moito, nin frenan demasiado... e ademáis, así tamén podes probar o auténtico perfume do aceite 2 tiempos.

Quero ir á concentración e quero quedar a comer na carpa... que fago? RESERVA CANTO ANTES NO 986 53 36 00 (pregunta por Marita)

Quero ir á concentración, pero non quero quedar a comer na carpa... podo ir de todos modos? por supuesto hombriño de Dios... ó meu jato non lle gustan os pementos de Padrón e non por iso o deixamos de lado.

E a ruta... Como é?  Pois se pinchas VER RUTA 2015, podes disfrutar por adiantado e de forma virtual, do percorrido que temos preparado para este ano. 

Se aínda tes algunha dúbida máis...  non dubides tanto e prengunta!! 





3 comentarios:

  1. hola boas tardes, a que hora é a ruta do domingo? saio de arteixo- A Coruña e para saber a que hora teriamos que sair. que ubicación teño que poñer para chegar ahi?

    ResponderEliminar
  2. hola boas tardes, a que hora é a ruta do domingo? saio de arteixo- A Coruña e para saber a que hora teriamos que sair. que ubicación teño que poñer para chegar ahi?

    ResponderEliminar
  3. Hola Daniel... copio aquí por se máis persoas lle pode interesar... e a ubicación... Cuntis!!

    1º ¿CUANTO CUESTA LA INSCRIPCIÓN? La inscripción es gratuíta, como todos los años. Únicamente tendrás que pagar la comida (si decides quedarte a comer). Para poder comer con el grupo en la carpa de la Fiesta del Lacón con Grelos, DEBES RESERVAR EN EL 986533600 a partir del Lunes 16 y hasta Miercoles 18.

    2º ¿A QUE HORA EMPIEZA LA CONCENTRACIÓN? Empezamos a las 10H del domingo 22 en la PRAZA DE GALICIA. Allí podrás inscribirte -gratuítamente- y al hacerlo te daremos un bocata y un refresco, más que nada para tapar el hueco del estómago hasta la hora de comer. A partir de las 12:00, la caravana partirá de Cuntis y nos llevará por tierras de Codeseda y Cequeril. El recorrido scutrerista es de aprox 38km (vigila tu depósito). La hora de llegada al pueblo se estima sobre las 13:45 y la comida sobre las 14:00. Al finalizar esta, se dará paso al sorteo de regalos entre los presentes.

    3º: PERO, ¿QUIEN ORGANIZA ESTE EVENTO? El Vespalacón lo organiza del Exmo. Concello de Cuntis y por eso no te cuesta un duro. Queremos que vengas a conocer Cuntis y sus alrededores... y que disfrutes de la fiesta. El Vespalacón, cuenta con Seguro de Responsabilidad Civil, Ambulancia, Vehículo de Asistencia en ruta y escolta de la DGT, Policía Local de Cuntis y Protección Civil.

    ResponderEliminar