Todo o que necesitas saber para o VESPALACÓN 2017
¿Que é?
O VespaLacón é unha concentración de Vespas e Lambrettas, organizada polo Exmo Concello de Cuntis. Esta será a nosa 9ª edición.
Contamos con permisos de Tráfico, Seguro de Responsabilidad Civil, Ambulancias, Servizo de Grúa e dotacións de Policía local e Protección Civil. Así mesmo, participan tamén 20 moteiros debidamente identificados para a axuda no corte de cruces.
¿Cando?
O VespaLacón son dous días:
- SÁBADO 4 de marzo. Vespaguateque pola noite con... LA DÉCADA PRODIGIOSA!
- DOMINGO 5 de marzo. Concentración de Vespas e Lambrettas a partir das 10 da mañá na Praza de Galicia, no casco vello de Cuntis. Ruta "scutrerista" a partir das 12:30 e xantar na carpa da Festa do Lacón con Grelos. Para poder xantar con toda a xente que acude ó Vespalacón, reserva xa no TLF 986 53 36 00.
Participa
Teñas Vespa ou non, Lambretta ou non... PARTICIPA!
O único que che pedimos é que formalices a inscripción.
Vente disfrazado
Vente disfrazado na Vespa o día 5 e poderás ter premio...
Sorteos
Premiazos doados por nosos patrocinadores.
Confirmado xa o sorteo de UN QUEIXO PALO SANTO, que é ¡un queixo de 10Kg!
Incripcións
A inscripción é totalmente gratuíta (este ano tamén faremos recollida de alimentos non perecedeiros).
Para poder participar na ruta e nos sorteos, debes formalizar a inscripción cos teus datos.
A ruta está prevista para desfrutar a tope coas máquinas... os veteranos xa sabedes que son rutas con moita natureza!
Ruta
A ruta está prevista para desfrutar a tope coas máquinas... os veteranos xa sabedes que son rutas con moita natureza!
¡Vémonos en Cuntis!
Comentarios
Publicar un comentario