Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2010
IMPORTANTE!!
RESERVA A COMIDA PARA COMER TODOS XUNTOS!!
TLF: 986 53 36 00
(sen reserva non hai paparota)

Adeus, Vespalacón 2010... Viva o Vespalacón 2011!!

Imagen
Cando eu era un crío de 10 anos, mirabamos o ano 2000 como se fose o climax da tecnoloxía automobilística. Era habitual falar de coches que replicaban en alto con voz de muller, aquelo de que tiñas a porta mal pechada e incluso se escoitaban rumores, de que Kit era un prototipo de verdade... que tempos aqueles (menos mal que non había internet) Na miña pandilla, había un auténtico experto gafotas nesto da tecnoloxía: Jesús o de Caamaño, que soñaba con pilotar un F16 Gerald: (un saúdo, compañeiro!) - xa verás, no ano 2000 os coches voarán por riba dos tellados - tamén por riba do tellado do concello? - homeee... incluso por riba do campanario! - ... ala!...     ...      ...      Jesús, e as motos? - mmmm... as motos serán como os monopatíns de Regreso al Futuro! - Buah! eso si que molaría... Hoxe, 23 de febreiro do ano 2010, alégrome moitísimo de que as motos sigan sendo como eran daquela: trastos de ferro e chapa con dúas rodas e restos de aceite no escape, pero sobre todo,

I Concurso de MicroRelatos VespaLaconianos...

Non queda nada para o VespaLacón... e aínda menos para rematar o prazo do I Concurso de MicroRelatos (o sábado ás 16:00)... Temos que rematar o concurso antes para que o xurado (formado por membros do Scutre Clú e presidido por un artista de reconocido prestixio -que tamén é Scutre :-) -) se reúna para deliberar sobre os microContos... e anuncie o gañador o día do VespaLacón... Aí van algúns dos MicroRelatos publicados ata o de agora ( http://latri.ca/ConcursoMicrorelatos ): --- @mdeoccam Cando chegou, ía a pé. Ó saír -trala inxestión dunha excesiva cantidade de gasolina- pareceulle que ó vespalacón lle sairan rodas. --- @Fernandez Ahí estaba él, entre un cento de Vespas como a súa e cun sorriso nos beizos que de súpeto se quebrou cando pensou: “Porque ela tiña certeza que hoxe me ia ao Vespalacón, ¿non?” E asustouse moito. --- @bodhi Mentes narcotizadas de fume batidas por un zoar monocilíndrico, tremor armónico e desplazamento ingrávido por tortos camiños, mesa

Tradición e Innovación no VespaLacón...

Imagen
Este ano o VespaLacón mestura tradición e innovación... o ano pasado comprobamos que puidemos adobar o Lacón e os Grelos coas Vespas e Lambrettas... este ano queremos seguir cociñando unha xuntanza para todos os amantes das motos, para os simpatizantes... medrando e adaptándonos... pensar en qué facer hoxe sin esquecer o de onte e pensando en mañán... TRADICIÓN... Exposición Fotográfica sobre motos de onte e veciños de Cuntis   Lolo Liñeira: magnífico mecánico e gran restaurador de motos.   Está organizada pola Asociación O Meigallo en colaboración cos Iguanas e o Scutre Clú. Poderemos desfrutala na Praza de Abastos durante a celebración da Festa do Lacón con Grelos. INNOVACIÓN... En colaboración coa rede social Latri.ca (" o twitter galego ") este ano poñemos a andar dúas actividades que esperamos estrear para quedarse...: O I Concurso de MicroRelatos VespaLaconianos Unha narración "en directo" (latricada) de todo o que aconteza no VespaLacón con fotos i

Folla de preinscripción...

Para axilizar a inscripción o día do VespaLacón... sí, o 21 de febreiro (anótao!)... podes descargar xa a folla da inscripción por se desexas traela cuberta. Pódela descargar aquí : http://apuntome.vespalacon.com Lembra, información que precises e preinscripcións para que estimemos os que imos a ser...: info@vespalacon.com Folla Inscripción II VespaLacón

Spot Vespalacón 2010

Este ano... "Lo que diga la rubiaaaaaaa" En vindeiras datas teredes á vosa disposición a inscripción para descargala e traela xa cumplimentada da casiña... Continuará...

Programa II VespaLacón....

Imagen
Coma sempre, actividades para toda a familia (programa da festa aquí ) e todo gratis (agás o que queira quedar a comer... que poderá desfrutar dun menú de Lacón con Grelos por só 10 euros)... Do VespaLacón estamos rematando flecos... pero para ir pensando no que nos imos atopar o 21 de febreiro, aquí vai o programa e a ruta planeada... Preinscripcións, axúdanos a estimar o número de comensáis para reservar espacio... en: info@vespalacon.com En breve poremos na web a folla de inscripción, para que o que o desexe xa a leve cuberta o día do VespaLacón (axilizando así o proceso)!!