Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2010
IMPORTANTE!!
RESERVA A COMIDA PARA COMER TODOS XUNTOS!!
TLF: 986 53 36 00
(sen reserva non hai paparota)

Sorteo Vespa Primavera

Imagen
Os membros do Scutre Clú seguimos traballando duro para esta III edición do Vespalacón: a ruta xa está prácticamente definida e xa temos confirmada a asistencia do Padre Merino, que será o encargado de purificar as nosas almas para poder afrontar con garantías esta dura xornada . En canto á Vespa das rifas , os prazos van según o previsto e se a semana pasada estaba desmontada, esta semana xa está "chorreada" e cun par de manciñas de imprimación.    As rifas estarán á venda no mes de Decembro!

Novedades Vespalacón

Imagen
Ollo ó dato, muchach@s!! O próximo 13 de Marzo celebramos o III Vespalacón , así que ide apuntando e reservando esta data nas vosas axendas. Coma nas edicións anteriores, teremos ruta polos concellos da zona, pinchos e comida a base de lacón con grelos, regalos para os asistentes e algunha que outra novidade, pero ademáis... RIFAMOS UNHA VESPA!!  COMA CHOTAS!! Os membros do Scutre Clú estamos restaurando unha Vespa Primavera e sortearémola esa mesma tarde. As rifas sairán á venta próximamente a un prezo de 3€. A vespa terá a ITV pasada e o gañador únicamente terá que facerse cargo da transferencia. Aquí vos deixo as primeiras fotos do proceso de restauración... onte mesmo desmontámola ¿que vos parece?