martes 23 de febrero de 2010

Adeus, Vespalacón 2010... Viva o Vespalacón 2011!!

Cando eu era un crío de 10 anos, mirabamos o ano 2000 como se fose o climax da tecnoloxía automobilística. Era habitual falar de coches que replicaban en alto con voz de muller, aquelo de que tiñas a porta mal pechada e incluso se escoitaban rumores, de que Kit era un prototipo de verdade... que tempos aqueles (menos mal que non había internet)

Na miña pandilla, había un auténtico experto gafotas nesto da tecnoloxía: Jesús o de Caamaño, que soñaba con pilotar un F16 Gerald: (un saúdo, compañeiro!)

- xa verás, no ano 2000 os coches voarán por riba dos tellados
- tamén por riba do tellado do concello?
- homeee... incluso por riba do campanario!
- ... ala!...     ...      ...      Jesús, e as motos?
- mmmm... as motos serán como os monopatíns de Regreso al Futuro!
- Buah! eso si que molaría...

Hoxe, 23 de febreiro do ano 2010, alégrome moitísimo de que as motos sigan sendo como eran daquela: trastos de ferro e chapa con dúas rodas e restos de aceite no escape, pero sobre todo, alégrome de convocar unha xuntanza de scooteristas en Cuntis cos compañeiros do Scutre Clú e que apareza xente de Ourense, Vigo, Ferrol, Coruña, Pontevedra, Arcade, Padrón, Cambados, Silleda, Burela... e incluso Australia!

Dende a web oficial do Vespalacón, queremos dar as grazas a todos aqueles que nos botaron unha man de forma desinteresada para a celebración desta nova edición: Concello de Cuntis, Termas de Cuntis, Floristería Xunco, Carnicería Carlos, Iguanas Galiza e como non, a Ferrín -Materiales de Construcción-

Para os membros do Scutre Clú, foi todo un pracer poder rodar ó voso lado unha vez máis, pero sobre todo, comer na mesma mesa, compartindo a un tempo grelos e chasis de segunda en "lamaneta", discos de freno sin homologación e patacas cocidas, trucos de chiclés e un anaco de lacón que aínda quedaba na mesa.




PD: por certo! o gañador do I Concurso Vespalaconianos en Latri.ca, e por tanto da camiseta, foi o de CAMPAINHAS:
O Patrulleiro das Ondas leu o anónimo: "Se queres resolver o misterio da mosca do xamón as claves son: VESPA LACÓN'. Mirou no Jujel, todas as pistas conducían a Cuntis. Sería quen de evitar o crime?







FOTOS PORCOCALL
Fotos Golfos Ártabros
Fotos Carlos López
Fotos g5u5
Fotos Nácar
Fotos mi_santa_no_quiere_moto 
Fotos Juan 

viernes 19 de febrero de 2010

I Concurso de MicroRelatos VespaLaconianos...

Non queda nada para o VespaLacón... e aínda menos para rematar o prazo do I Concurso de MicroRelatos (o sábado ás 16:00)...

Temos que rematar o concurso antes para que o xurado (formado por membros do Scutre Clú e presidido por un artista de reconocido prestixio -que tamén é Scutre :-) -) se reúna para deliberar sobre os microContos... e anuncie o gañador o día do VespaLacón...

Aí van algúns dos MicroRelatos publicados ata o de agora (http://latri.ca/ConcursoMicrorelatos):

---
@mdeoccam
Cando chegou, ía a pé. Ó saír -trala inxestión dunha excesiva cantidade de gasolina- pareceulle que ó vespalacón lle sairan rodas.

---
@Fernandez
Ahí estaba él, entre un cento de Vespas como a súa e cun sorriso nos beizos que de súpeto se quebrou cando pensou: “Porque ela tiña certeza que hoxe me ia ao Vespalacón, ¿non?” E asustouse moito.

---
@bodhi
Mentes narcotizadas de fume batidas por un zoar monocilíndrico, tremor armónico e desplazamento ingrávido por tortos camiños, mesas cheas de verdes lanzas e mancos porcos... ¿tolemia? ¡¡VespaLacón!!

---
@Wolfgang
Un día na feira, vin a Damián arranxando unha vespa, sorprendeume. Máis tarde foi cando escoitei o do Vespalacón, e ao ver o anuncio o primeiro que pensei foi: Seguro que anda o Damián polo medio!

---
@ovaral
Gasofa barata no motor e lacóns perpetuos no noso interior, a imposíbel trazada dun anxo do inferno fronte ó desafío do bravo piloto vespalacón que chanta os dentes, furioso, na súa manta de inverno.

---
@Capitan
200 caracteres para un conto. 200 comensales para un Vespalacón. 200 non é moito, as veces é unha morea, outras veces un monton.

---
@Capitan
Ia un neno a Cuntis, ia o Vespalacón, ia con ilusión. Fixose home, colleu a Vespa e seguiu indo o Vespalacón. Una viaxe dunha vida. Unha ilusión .

---
@Capitan
Vespalacón é singular deducese entón que o porco era coxo. Somos vespas, gustannos os lacóns e somos moitos, por iso facemolo ano a ano e xa imos polo II Vespalacon. Pruralizar non é de mal gusto.

---
@Llasrritacha
Eu lembro a miña primeira participación no vespalacón. Motos, fume, patacas, grelos e… claro, lacón. Viño tinto, filloas e licor café. E mais lambrettas, e mais vespas e vespinos de punta...

Aínda podes participar! E aquí hai unha axuda (ou no post anterior) para saber cómo participar!

Consulta as bases en:  http://concurso.vespalacon.com

Vémonos o domingo!

miércoles 17 de febrero de 2010

Tradición e Innovación no VespaLacón...

Este ano o VespaLacón mestura tradición e innovación... o ano pasado comprobamos que puidemos adobar o Lacón e os Grelos coas Vespas e Lambrettas... este ano queremos seguir cociñando unha xuntanza para todos os amantes das motos, para os simpatizantes... medrando e adaptándonos... pensar en qué facer hoxe sin esquecer o de onte e pensando en mañán...


TRADICIÓN...

Exposición Fotográfica sobre motos de onte e veciños de Cuntis

 
Lolo Liñeira: magnífico mecánico e gran restaurador de motos.  

Está organizada pola Asociación O Meigallo en colaboración cos Iguanas e o Scutre Clú. Poderemos desfrutala na Praza de Abastos durante a celebración da Festa do Lacón con Grelos.

INNOVACIÓN...
En colaboración coa rede social Latri.ca ("o twitter galego") este ano poñemos a andar dúas actividades que esperamos estrear para quedarse...:
  • O I Concurso de MicroRelatos VespaLaconianos
  • Unha narración "en directo" (latricada) de todo o que aconteza no VespaLacón con fotos incluídas
Por primeira vez organizamos o I Concurso de MicroRelatos VespaLaconianos (é un concurso exprés... dado o pouco tempo co que contamos)... 

Para participar só hai que publicar un MicroRelato (menos de 200 caracteres incluídos os espacios) no grupo do concurso creado en latri.ca, que inclúa a palabra VespaLacón... ata o sábado 20 ás 16:00!

O tema é libre, o que queiras, sensacións... sintetizando o que se sinte ó ir en moto, ó ir ó VespaLacón... 200 caracteres non é nada (contalo nun blog ou nun foro ou nun mail "faino calquera"... téntao en 200 caracteres)! Ahh, e hai premio para o mellor relato!!

Cómo participar por se andas algo perdid@ nesto das webs de microblogging:

 

As bases do concurso están en: http://concurso.vespalacon.com e podes seguir o concurso en: http://latri.ca/ConcursoMicrorelatos

E achegándonos ó futuro, tentaremos retransmitir todo o que nos pase o día da concentración... sensacións e pensamentos recollidos e plasmados no momento...

Verás que na web do VespaLacón á dereita aparecen os comentarios que se fan no latri.ca dende o usuario VespaLacón... que será o usuario que empregaremos para comentar o domingo 21 todo o que nos aconteza... e os preparativos de antes!

Por se fora pouco, tamén subiremos fotos ó Facebook no mesmo momento que algo aconteza...



O álbume estará accesible aquí.


E esto é todo polo de agora... estades por suposto convidados a participar en todas estas actividades!!
Que o VespaLacón non é unha concentración... é unha xuntanza, é unha reunión de amigos... ¿que é para ti? Coméntao no I Concurso de MicroRelatos VespaLaconianos!!

miércoles 10 de febrero de 2010

Folla de preinscripción...

Para axilizar a inscripción o día do VespaLacón... sí, o 21 de febreiro (anótao!)... podes descargar xa a folla da inscripción por se desexas traela cuberta. Pódela descargar aquí:

Lembra, información que precises e preinscripcións para que estimemos os que imos a ser...: info@vespalacon.com

lunes 8 de febrero de 2010

Spot Vespalacón 2010

Este ano... "Lo que diga la rubiaaaaaaa"



En vindeiras datas teredes á vosa disposición a inscripción para descargala e traela xa cumplimentada da casiña...

Continuará...

domingo 7 de febrero de 2010

Programa II VespaLacón....

Coma sempre, actividades para toda a familia (programa da festa aquí) e todo gratis (agás o que queira quedar a comer... que poderá desfrutar dun menú de Lacón con Grelos por só 10 euros)...

Do VespaLacón estamos rematando flecos... pero para ir pensando no que nos imos atopar o 21 de febreiro, aquí vai o programa e a ruta planeada...



Preinscripcións, axúdanos a estimar o número de comensáis para reservar espacio... en: info@vespalacon.com

En breve poremos na web a folla de inscripción, para que o que o desexe xa a leve cuberta o día do VespaLacón (axilizando así o proceso)!!

domingo 31 de enero de 2010

Festa do Lacón con Grelos 2010

O 21 de febreiro non só é un día de festa para os Vespeiros e Lambretteiros... ademais do VespaLacón hai actividades para pasar un día coa familia...


Estamos rematando os horarios para o VespaLacón... dentro de pouco máis información!

viernes 29 de enero de 2010

II Invernovespa

A Invernovespa é ó Vespalacón, o mesmo que os Globos de Ouro ós Oscar Hollywoodienses: son a avanzadilla, a primeira concentración scooterista do ano que sirve tamén para medir  as gañas e o entusiasmo dos scooteristas galegos. Un ano que ven cheo de concentracións e viaxes por levar a cabo, como por exemplo, o Vespa World Days en Fátima - Portugal.


 
Esta fin de semana celébrase en Lalín a II Invernovespa; neste momento hai máis de 130 inscritos...

O 21 de febreiro celébrase o II Vespalacón... ¿seremos capaces de xuntar ós mesmos que o ano pasado viñeron comer o lacón a Cuntis?

Por suposto, os membros do Scutre Clú, asistiremos á  Invernovespa para saudar ós Avispados, ós Vespeinados, ós Golfos Ártabros, ós Scooteristas de Motos Vellas do Salnés, ós de Lambretta Vilagarcía... A todo quisque!! Festa Scooterista por todo o alto!!


jueves 28 de enero de 2010

domingo 15 de noviembre de 2009

II Vespalacón


Domingo 21 de febreiro


Xa falta menos para a 2ª edición do Vespalacón. Como xa sabedes, esta concentración de vesporristas e alambretteros, celébrase conxuntamente coa Festa do Lacon con Grelos na localidade de Cuntis - Pontevedra.

A igual que o ano pasado, a nosa intención é facela totalmente gratuíta, a non ser a comida, que corre por conta do Concello de Cuntis e que rondará os 9€ por cabeza.



+ info nas vindeiras datas...

jueves 16 de abril de 2009

Aviso a navegantes...


Como ya sabeis, durante el Vespalacón sorteamos vales para poder disfrutar de las instalaciones del Balneario de Cuntis.

Se han mandado todas las invitaciones a los ganadores, pero hay dos que Correos ha devuelto por "dirección inexistente o incompleta" (de ahí la importancia de cumplimentar correctamente las inscripciones)

Benito Araujo y José Ignacio Marquez

Rogamos se pongan en contacto con nosotros a la mayor brevedad posible para poder solucionar este pequeño problema: info @ vespalacon . com


Los vales caducan a finales de Junio.

viernes 27 de marzo de 2009

Videos Vespalacón

Buenas a tod@s!

Seguimos de resaca vespalaconiana... mientras le damos vueltas a la concentración del 2010 (en serio, ya estamos trabajando en ello) aquí os dejamos los resúmenes de diferentes reportajes que han salido en Tv. Que los disfruteis!





lunes 23 de marzo de 2009

Gañadores Vales Balneario

Sentimos moito non publicalo antes, pero foinos imposible. Esta semana sin falta, mandámolos por correo convencional.

1 Tomás Romero
2 Ricardo Álvarez
3 Leopolodo Rey
4 Gonzalo Simón Pastoriza
5 Ricardo Pereira
6 Benito Araujo
7 Rafa Blanco
8 Jose Ignacio Marquez
9 Jose Ramon Roado
10 Santiago Fernandez

martes 17 de marzo de 2009

Fotos Vespalacón (con grelos)

Ha sido espectacular. Contábamos con 80 scooters y unos 200 participantes y al final la cosa se desmadró tanto que se inscribieron 124 scooters, 290 scooteristas, 40 motocicletas, 20 furgos y en total más de 300 personas.

Es cierto que hemos cometido algún que otro fallo: inscripciones lentas, los premios teníamos que darlos despues de la comida, teníamos que haber servido algo de beber a mitad de la ruta... pero también es cierto que no teníamos un duro y que somos novatos en esto. Tomamos nota. De echo, ya nos han salido patrocinadores para la siguiente edición (a ver si es cierto)

Desde aquí queremos dar las gracias a todos los que han acudido a esta I Vespalacón. Prometemos que la siguiente será mejor. Hasta el año que viene!


PD: en breve publicaremos la lista de ganadores del sorteo.

lunes 16 de marzo de 2009