Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013
IMPORTANTE!!
RESERVA A COMIDA PARA COMER TODOS XUNTOS!!
TLF: 986 53 36 00
(sen reserva non hai paparota)

Folla de inscripción VespaLacón 2012+1

Imagen
Se queres andar rapidiño o día do VespaLacón imprime e trae a folla de inscripción xa cuberta... e lembra, coma sempre  ¡¡é gratis (só tes que pagar a comida e reservar antes se queres quedar a comer)!! E xa o dixeron Zequiel e Milincho...  ¡¡¡¡o anticiclón chega para o VespaLacón!!!! Descarga e imprime aquí a folla de inscripción...

Programa VespaLacón 2012+1

Imagen
¡¡Lembra!! Reserva a túa comida no 986 533 600 antes do 13 de febreiro. Inscripción gratuíta.  ¡¡PREMIOS PARA OS DISFRAZADOS!! Sábado 16 18:00 Recepción de asistentes en A Tenda da Ponte 22:00 VespaGuateque con KARINA en concerto Domingo 17 10:00  Recepción de asistentes na Praza de Galicia (lugar de costume) ¡Inscripción gratuita e pincho de benvida! 12:00  Bendición do Padre Merino (Fran Campos) 12:10   Saída da RUTA SCUTRERISTA con parada e visita ás catacumbas do cemiterio de Arcos (único en Galicia) 19 km. aprox. 3€ de gasofa 13:00 Chegada a Cuntis 14:00 Comida na carpa da FESTA DO LACÓN CON GRELOS 16:00 Entrega de agasallos e gran queimada de despedida

VESPAGUATEQUE!!

Imagen
Recorda, vespañero!! Se ves ó vespaguateque, vente disfrazado!!!

VespaLacón 2012+1 :::: 16 e 17 de febreiro

Imagen
Un ano máis... e como dende o ano pasado con 2 días de troula... Sábado 16 de febreiro Ide sacando a roupa do baúl porque o sábado noite VespaGuateque con Karina (sí, a de verdade!):   Domingo 17 de febreiro Voltiña e papatoria ( ¡¡non vos esquezades de reservar para comer!! )... Ruta Aquí vos deixamos a ruta do Vespalacón 2012+1: 19km, aprox 3 euretes de gasofa. Cuntis, A Casiña, Arcos, Ducío, Loureiro, Portela, Anllada e Cuntis. Como curiosidade, pararemos en Arcos para que coñezades o único cemiterio soterrado de toda Galicia... xa vos advirto que "da cosita".