Que tal, mijiños? Estades concienciados para o Vespalacón 2014? Aquí van 4 cousas que tedes que ter claras para esta nova edición: 1º A inscripción é gratuíta (coma sempre). Se xa a traes a folla cuberta da casa aforramos tempo e cartos... Solamente a tes que entregar. 2º Se te queres quedar a comer... amijo , HAI QUE RESERVAR . Vai chamando canto antes ó 986 53 36 00 onde che darán máis información sobre facer a reserva. Sen reserva non poderás comer co grupo (o aforo é limitado) 3º Trae os papeles da moto en regla... e os teus tamén!! Supoñemos que xa sabes que os "chicos de verde" que tan amablemente veñen con nós durante a ruta scutrerista, teñen no coche un ordenador que canta ALTO Y CLARO. Ademáis... se non tes algún papeliño en orde, non che podemos facer a inscripción . 4º Vente disfrazado!! O antroido en Cuntis sempre dura unha semana máis. Xa sabes que os do Scutre Clú somos moito de repartir premios... vales para o Balneario de Cuntis...