Entradas

Mostrando entradas de enero, 2010
IMPORTANTE!!
RESERVA A COMIDA PARA COMER TODOS XUNTOS!!
TLF: 986 53 36 00
(sen reserva non hai paparota)

Festa do Lacón con Grelos 2010

Imagen
O 21 de febreiro non só é un día de festa para os Vespeiros e Lambretteiros... ademais do VespaLacón hai actividades para pasar un día coa familia...   www.turismodecuntis.com Estamos rematando os horarios para o VespaLacón... dentro de pouco máis información!

II Invernovespa

Imagen
A Invernovespa é ó Vespalacón, o mesmo que os Globos de Ouro ós Oscar Hollywoodienses: son a avanzadilla, a primeira concentración scooterista do ano que sirve tamén para medir  as gañas e o entusiasmo dos scooteristas galegos. Un ano que ven cheo de concentracións e viaxes por levar a cabo, como por exemplo, o Vespa World Days en Fátima - Portugal.   Esta fin de semana celébrase en Lalín a II Invernovespa ; neste momento hai máis de 130 inscritos... O 21 de febreiro celébrase o II Vespalacón... ¿seremos capaces de xuntar ós mesmos que o ano pasado viñeron comer o lacón a Cuntis? Por suposto, os membros do Scutre Clú, asistiremos á  Invernovespa para saudar ós Avispados, ós Vespeinados, ós Golfos Ártabros, ós Scooteristas de Motos Vellas do Salnés, ós de Lambretta Vilagarcía... A todo quisque!! Festa Scooterista por todo o alto!!

21 de Febreiro: VESPALACÓN 2010

Imagen